A cidade de Lugo está situada nun altiplano, nas beiras do Alto Miño. É a vía natural de comunicación entre a costa galega e a meseta castelá. Ademais, o concello lugués é un dos máis grandes de Galicia (332 quilómetros cadrados), no que habitan case
cen mil habitantes. Lugo foi
fundada polos romanos quince anos antes da nosa era co nome de
Lucus Augusti, e conserva íntegra unha Muralla que contemplou máis de dous mil anos de historia.