invisible
  invisible
invisible barra esquerda
Galego Castellano Inglés
barra dereita invisible
invisible  
 
O peregrino do século XXI atopa no Camiño Primitivo a esencia do que era a peregrinación naqueles duros anos do medievo.
Santiago peregrino
O Camiño Primitivo constitúe a primeira e máis antiga ruta de devoción a Santiago de Compostela. A través deste camiño difundiuse á cristiandade a noticia do descubrimento do sepulcro do Apóstolo Santiago. A primeira peregrinación xacobea da historia realízase a través do Camiño Primitivo, é a que realiza o monarca Afonso II no ano 829. Nun curto espazo territorial, 369 quilómetros, conflúen tres grandes fitos da cultura universal recoñecidos co distintivo de Patrimonio da Humanidade: o románico asturiano, a Muralla romana de Lugo e a cidade de Santiago.

Camiño Primitivo a Santiago
O camiñante atopará no Camiño sendas entre húmidos e frondosos bosques de castiñeiros. Este é o decorado que envolve as etapas que separan Oviedo de Lugo. E continúa así cando a Muralla romana lucense queda atrás, e a ruta remata en Santiago de Compostela, seguindo o trazado da calzada romana que unía Lucus Augusti con Iria Flavia a través do interior de Galicia. En Melide únese cos peregrinos do Camiño Francés, e así, o tramo final realízase conxuntamente cos peregrinos que optaron pola ruta máis tradicional, ata chegar a Santiago de Compostela.


Separador

Presentación

Etapas en Galicia



diagonal lateral
  invisible
invisible  
2010 © lugoturismo.com | termos legais | privacidade de datos
Lugo Turismo comunidad europea ministerio de industria xunta de galicia concello de lugo
asociacion hosteleiros e para comer Lugo
Web Oficial de Turismo de Lugo: información cultural en Lugo, monumentos en Lugo, muralla de Lugo, gastronomía en Lugo, San Froilán en Lugo, y mucha más información.
  invisible