invisible
  invisible
invisible barra esquerda
Galego Castellano Inglés
barra dereita invisible
invisible  
 
Ruta Lugo Romano

Despois de ver e pasear pola Muralla, o viaxeiro curioso debe lembrar que o Lugo romano é algo máis que esta fortificación. Debaixo da cidade actual escóndese a antiga Lucus Augusti. A gran cantidade de restos arqueolóxicos atopados confírmana como unha auténtica cidade romana, xa que presenta os seus elementos definidores (foro, calzadas, termas, templos, necrópoles, acueduto...).
Parte destes restos están musealizados e poden verse dentro da ruta de Lugo romano que fai un percorrido polo Centro Interpretación da Muralla, o Museo Provincial, a Casa de Mosaicos, Centro Arqueolóxico San Roque, a Muralla Romana de Lugo, a Sala de Exposicións Porta Miñá, as Termas Romanas e a ponte de orixe romana. Xa a 14 quilómetros de Lugo, atopamos o misterioso santuario tardorromano de Santalla de Bóveda e a uns 20 quilómetros en dirección a Meira temos o Castro de Viladonga, importante aldea fortificada que tivo na época romana o seu máximo esplendor.

Inicio: Oficina Municipal de Turismo, sita na Praza do Campo Nº 11

Percorrido:Centro Interpretación da Muralla - Museo Provincial - Casa dos Mosaicos - Centro Arqueolóxico San Roque - Muralla Romana de Lugo - Sala Porta Miñá - Termas Romanas - Ponte Romana - Santalla de Bóveda.

Separador

Presentación

Ruta pola Muralla e centro histórico

Ruta Lugo Romano
Ruta Lugo Romano


Ruta de tapas

Rede de sendas de Lugo

Rutas Lugo accesible

Rutas para grupos e colectivos

diagonal lateral
  invisible
invisible  
2010 © lugoturismo.com | termos legais | privacidade de datos
Lugo Turismo comunidad europea ministerio de industria xunta de galicia concello de lugo
asociacion hosteleiros e para comer Lugo
Web Oficial de Turismo de Lugo: información cultural en Lugo, monumentos en Lugo, muralla de Lugo, gastronomía en Lugo, San Froilán en Lugo, y mucha más información.
  invisible