invisible
  invisible
invisible barra esquerda
Galego Castellano Inglés
barra dereita invisible
invisible  
 

Dimensións

A Muralla ten un perímetro de 2.266 m de circunferencia e o recinto amurallado- que coincide co recinto histórico da cidade- abarca 334.000. Os seus muros teñen un espesor de 4,20 metros, aínda que nalgúns lugares chega aos 7 metros. A súa altura oscila entre os 8 e os 12 metros. E a lonxitude dos muros entre as torres oscila entre os 8,80 e os 16,40 metros.
Na súa orixe, a Muralla estaba coroada por 85 grandes torres semicirculares, que medían entre dez e trece metros de diámetro, e estaban elevadas sobre o adarve con grandes fiestras en cada unha. Destas torres hoxe só se conservan 71 cubos ao nivel do adarve, agás un resto da Mosqueira que está por riba deste nivel e na que se conservan dúas xanelas de medio punto.


Materiais

Os romanos construíron a Muralla con laxes de lousa e bloques de granito, materiais moi abundantes na área de Lucus Augusti. Pero o núcleo da obra é un morteiro fabricado con terra, pedra solta e cantos, e cementado con auga. Os construtores da Muralla atoparon na lousa un elemento semellante aos seus tixolos de cerámica, e empregaron o granito, sobre todo para reforzar as torres que flanqueaban as portas.

Adarve da muralla

Separador

Presentación
Muralla
Dimensións e materiais
Dimensións e materiais
Accesos
Tramos
Foso e intervallum
 
diagonal lateral
  invisible
invisible  
2010 © lugoturismo.com | termos legais | privacidade de datos
Lugo Turismo comunidad europea ministerio de industria xunta de galicia concello de lugo
asociacion hosteleiros e para comer Lugo
Web Oficial de Turismo de Lugo: información cultural en Lugo, monumentos en Lugo, muralla de Lugo, gastronomía en Lugo, San Froilán en Lugo, y mucha más información.
  invisible