invisible
  invisible
invisible barra esquerda
Galego Castellano Inglés
barra dereita invisible
invisible  
 
Despois de ver e pasear pola Muralla, o viaxeiro curioso debe lembrar que o Lugo romano é algo máis que esta fortificación. Debaixo da cidade actual escóndese a antiga Lucus Augusti. A gran cantidade de restos arqueolóxicos atopados confírmana como unha auténtica cidade romana, xa que presenta os seus elementos definidores (foro, calzadas, termas, templos, necrópoles, acueduto...).
Parte destes restos están musealizados e poden verse dentro da ruta de Lugo romano que fai un percorrido polo Centro Interpretación da Muralla, o Museo Provincial, a Casa de Mosaicos, Centro Arqueolóxico San Roque, a Muralla Romana de Lugo, a Sala de Exposicións Porta Miñá, as Termas Romanas e a ponte de orixe romana. Xa a 14 quilómetros de Lugo, atopamos o misterioso santuario tardorromano de Santalla de Bóveda e a uns 20 quilómetros en dirección a Meira temos o Castro de Viladonga, importante aldea fortificada que tivo na época romana o seu máximo esplendor.

Separador


Presentación
Presentación

Centro Arqueolóxico San Roque
Centro Arqueolóxico San Roque

Casa dos Mosaicos
Museo Provincial
Termas
Ponte Romana
Santalla de Bóveda
Centro de Interpretación da Muralla
 
diagonal lateral
  invisible
invisible  
2010 © lugoturismo.com | termos legais | privacidade de datos
Lugo Turismo comunidad europea ministerio de industria xunta de galicia concello de lugo
asociacion hosteleiros e para comer Lugo
Web Oficial de Turismo de Lugo: información cultural en Lugo, monumentos en Lugo, muralla de Lugo, gastronomía en Lugo, San Froilán en Lugo, y mucha más información.
  invisible