Galego Castellano Inglés
sp_leveltelecom
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
buscador
Buscar
6º Concurso de Tapas Tren Turístico Centro de Interpretacion da Muralla Rutas en Mp3 Xacobeo 2010 Mapa da cidade de Lugo Lugo Accesibel
 
 Qué visitar/Lugo accesible

Lugo Accesible

Lugo recoñecida polo Premio Reina Sofía de Accesibilidad Universal 2006, que pon de manifesto o labor da cidade na eliminación de barreiras arquitectónicas e virtuais que dificultan a vida diaria das persoas con mobilidade reducida. Lugo acadou este galardón que se concede aos municipios españois de entre 10.000 e 100.000 habitantes.
Os seguintes itinerarios presentan unha cidade aberta e sen barreiras, unha cidade para todos.

RUTA 1: COÑECENDO LUGO

Ruta pensada para persoas con mobilidade reducida, con indicacións prácticas para usuarios e usuarias en cadeira de rodas, é unha ruta longa que percorre os principais atractivos turísticos.

Percorrido: Casa Consistorial de Lugo- Igrexa de Santiago "A Nova"- Monumento ao Bimilenario- Igrexa de Santo Domingo- Pazo de San Marcos- Igrexa de San Froilán- Igrexa de San Pedro- Capela da Soidade- Museo Provincial- praza do Campo- Centro de Interpretación da Muralla- Porta Miñá- Sala de Exposicións Porta Miñá- Porta de Santiago- Muralla Romana- Catedral- Porta Norte da Catedral- Pazo Episcopal.

+ info: descargar guía Lugo accesible en pdf
Lugo Accesible 'Coñecendo Lugo'
[versión imprimible]
Lugo Accesible 'Lugo Básico'
[versión imprimible]
RUTA 2: LUGO BÁSICO

É unha ruta ideada para persoas con bastóns que non poidan ou non queiran realizar unha ruta tan longa coma a anterior. Percorre os puntos turísticos clave da cidade.

Percorrido: Casa Consistorial de Lugo- Casa dos Mosaicos- praza do Campo- Centro de Interpretación da Muralla -Catedral- Muralla Romana- Porta Miñá- Porta Norte da Catedral- Pazo Episcopal.
+ info: descargar guía Lugo accesible en pdf
RUTA 3: MIÑO ABERTO, RÍO ABAIXO, RESERVA DA BIOSFERA "TERRAS DO MIÑO"

Esta camiñada é un paseo delicioso, inmediato á cidade, e constitúe un dos privilexios únicos de Lugo, xa que a cidade conta cuns arredores fluviais esplendorosos.
Percorre enteiramente polo Parque do Miño, espazo que se integra na Reserva da Biosfera "Terras do Miño". O Miño, río maior de Galicia, móstrase aquí aberto e luminoso.

Ficha técnica:
Lonxitude: 1,6 km
Duración aproximada: a pé, 1 h
Modo de percorrido e dificultade: a pé e en bicicleta, dificultade baixa.
Accesibilidade: accesible para persoas con problemas de mobilidade.

+ info: descargar o folleto da ruta en pdf
Miño aberto, río abaixo. Reserva da Biosfera 'Terras do Miño



Lugo Accesible
 
 
2010 © lugoturismo.com | termos legais | privacidade de datos
Lugo Turismo comunidad europea ministerio de industria xunta de galicia concello de lugo
asociacion hosteleiros e para comer Lugo
Web Oficial de Turismo de Lugo: información cultural en Lugo, monumentos en Lugo, muralla de Lugo, gastronomía en Lugo, San Froilán en Lugo, y mucha más información.