invisible
  invisible
invisible barra esquerda
Galego Castellano Inglés
barra dereita invisible
invisible  
 
Gran tradición, innovación e calidade son os ingredientes das máis deliciosas receitas que constitúen a gastronomía lucense. Trátase dunha cociña artesanal na que os cociñeiros e cociñeiras conservan o saber facer ancestral e os sabores dos fogóns tradicionais. Todo isto sen renunciar á innovación e á introdución de novas materias primas, sempre coa base dos ingredientes tradicionais.

Gastronomía de feira

Polbo á feira
Durante todo o mes de outubro, nas festas de San Froilán, declaradas de Interés Turístico Nacional a gastronomía lucense está dominada pola “comida de feira”, que ten como pratos máis emblemáticos o polbo á feira e a carne ó caldeiro.
O polbo curado foi habitual en Galicia desde a Idade Media, en parte grazas ós feirantes. O polbo á feira cócese en grandes caldeiros de cobre, córtase con tesoiras, e bótaselle sal, aceite e pemento picante. A carne ó caldeiro é faldra de becerro cocida, adubada con aceite natural e con pemento, e acompañada con cachelos.
Ademais de nas festas de San Froilán, o viaxeiro atopará estes pratos durante todo o ano nos restaurantes da cidade.

Produtos da terra con denominación de orixe

Produtos da terra con Denominación de Orixe
Hai catro queixos (San Simón da Costa, de Tetilla, do Cebreiro e de Arzúa-Ulloa) da provincia que están recoñecidos con denominacións de orixe, tres licores tamén con denominación de orixe (o licor café, a augardente de Galicia e a augardente de herbas de Galicia), así como catro indicacións xeográficas protexidas (a tenreira galega, o lacón galego, a pataca de Galicia e mel de Galicia).


Enoloxía

Vides
O viño chegou a Galicia cos romanos, mais foron os mosteiros como Armenteira, Oia, Melón, Oseira, Celanova ou Santo Estevo os responsables da súa expansión. Neles, os abades de orixe francesa aprendían técnicas, adecuaban variedades e impoñían o cultivo da vide, ata o punto que o dereito foral recolle pagos en unidades de viño. A denominación de orixe dos viños de Ribeira Sacra acontece en 1996. As vides crecen nas terrazas entre os ríos Miño, Sil, Bibei e Cabe.
A Ribeira Sacra divídese en cinco subzonas: Chantada, Quiroga-Bibei, Ribeiras do Miño, Amandi e Ribeira do Sil. Son 1.400 hectáreas de viñedo sobre un solo cun clima atlántico de transición, influenciado polos ríos.

+ info: www.ribeirasacra.org

Separador

Presentación

Gastronomía e enoloxía
Gastronomía e enoloxía



Mercados e feiras

Receitas

diagonal lateral
  invisible
invisible  
2010 © lugoturismo.com | termos legais | privacidade de datos
Lugo Turismo comunidad europea ministerio de industria xunta de galicia concello de lugo
asociacion hosteleiros e para comer Lugo
Web Oficial de Turismo de Lugo: información cultural en Lugo, monumentos en Lugo, muralla de Lugo, gastronomía en Lugo, San Froilán en Lugo, y mucha más información.
  invisible